Nanas para Guadalupe

Por Eloísa Otero (Diglossa indigotica)

A María José Álvarez e Víctor M. Díez

Non hai relato
sen voz,
non hai tenra
sen xesto.O relato, o tenreiro,
poñen algo en tensión;
a voz, o xesto,
pulsan
os mecanismos das preguntas,
descubren a miúdo escaleiras,
caligrafías encubertas.A voz crea o mundo.
Os xestos de cotío
son de amor
cando ti chegas.Arrólote nun idioma
que eu non coñezo.
Nun idioma que ti tampouco entendes.
Arrólote.

*Edredón o teu berro
cheo de música,
zunzún,
axóuxere,
espíritu, forza
na páxina
do esquecemento.

Illa: abstracción lonxana
mentres que non atopo as verbas
capaces de habitala.

*

Deixa de mamuxar e zuga a teta,
vai. Cousa, chícharo,
garavanciña marela, escaravello
xoguetón.
Zuga no zume a miña alma,
a miña sustancia,
o principio vital.

(Palpas, escoitas, ollas, cheiras, comes
mellor que calquera especie protexida.
Agora non é preciso que fales
para conta-lo ben que estás.)

*

Mincha,
carne da miña carne
envolta
en presentimentos,
no fío do real.

Noite na noite. Poden chia-las galaxias
mentres ti, luceiro,
brillas no meu ventre ferido.

*

Senta-la beleza
no colo
e despois deixar que fuxa
como unha bolboreta,
como unha maruxiña,
como peixe esbaradizo entre as mans…

(Do libro inédito «Nanas Castrapeiras»)

Leave a Reply


cuatro × 8 =


Warning: Use of undefined constant bwt - assumed 'bwt' (this will throw an Error in a future version of PHP) in /homepages/19/d455156103/htdocs/leteo/wp-content/themes/leteo_theme/functions.php on line 77
Categorías del blog
Archivo del blog

Agreganos a tus feeds

 COLABORADORES
revistaleer datic

¡Visita nuestra tienda!